Ir o contido principal

Estudan a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal nos sectores da automoción, o téxtil e o turismo

Organizados nunha eurorrexión que agrupa a preto de 6,5 millóns de habitantes, Galicia e o Norte de Portugal seguen afondando a súa relación, en particular en sectores como a automoción, o téxtil e o turismo, actividades estratéxicas elixidas para protagonizar unha xornada que analiza as relacións económicas a ambos os dous lados da raia.

No encontro, que organiza o Idega da USC xunto con CES-Galicia, participarán especialistas da Administración e dos sectores implicados, ademais de representantes de organizacións económicas e sociais que forman parte do CES de Galicia e de Portugal.

A xornada desenvolverase nunha sesión matinal este martes 13 a partir das 9.15 horas na sede do CES-Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2016.