Ir o contido principal

Estudan en Ribeira a arte galega a través da imprenta, as bibliotecas e as estampas

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

A tradición impresa é fundamental para comprender a arte galega dende a Idade Moderna ata o momento actual. Tanto se se trata das bibliotecas dos arquitectos e artistas como da importancia dos textos escritos ou as estampas que serviron de inspiración, o labor da imprenta pódese considerar clave para a transmisión deses coñecementos.

Nisto fundaméntase o curso de verán que organizan do 22 ao 24 de xullo en Ribeira os profesores José Manuel López Vázquez e Juan Manuel Monterroso Montero. Con el pretenden dar a coñecer o patrimonio gráfico galego, pór en relación a arte galega co mundo da estampa e do gravado europeo, recoñecer os procesos de migración das ideas e as relación interculturais a través da arte e poñer en valor os fondos da colección do Museo do Gravado e a Estampa Dixital de Artes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.07.2013.