Ir o contido principal

Estudan en Santiago os retos e avances dos biomateriais para a rexeneración de tecido óseo

Estudan en Santiago os retos e avances dos biomateriais para a rexeneración de tecido óseo
Estudan en Santiago os retos e avances dos biomateriais para a rexeneración de tecido óseo

O Instituto de Cerámica da Universidade de Santiago e o Imperial College de Londres (Reino Unido) organizan conxuntamente simposio BIOBONE que ten lugar esta semana en Santiago co obxecto de que os novos investigadores poidan mostrar o seu traballo xunto a algúns dos líderes no campo dos biomateriais para a rexeneración de tecido óseo.

O encontro aborda o procesamento e as propiedades (químicas, estruturais, de superficie e biolóxicas) de cerámicas bioinertes e bioactivas así como de biovidrios empregados en implantes dentais e ortopédicos. Prestarase particular atención ao estudo de cómo estas propiedades afectan as interaccións material-tecido en condicións biolóxicas.

No simposio colabora a empresa KERAMAT, S. L., creada en 1999 como spin-off do Instituto de Cerámica da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2015.