Ir o contido principal

Un estudante da USC, finalista da IV Edición de Jumping Talent

O concurso de talento universitario Jumping Talent organizado por Universia e Trabajando.com ten xa seleccionados os 96 finalistas, entre eles un da USC, que o vindeiro 7 de abril na Universidade CEU San Pablo compartirán unha xornada de networking cos directores de Recursos Humanos das 12 empresas participantes.

Serán elas -Banco Santander, CBRE, Everis, EY, J&J Family of Companies, KPMG, Leroy Merlin, LG, Mediaset España, PSA Peugeot Citroën, Saint-Gobain e Vodafone– as encargadas de seleccionar o mellor talento entre os 96 seleccionados nunha xornada onde o obxectivo é que prime a comunicación, o traballo en equipo, o networking e o humor.

Grazas á colaboración dos servizos de emprego das universidades españolas, nesta IV edición de Jumping Talent o proceso de recrutamento realizouse cun alto índice de participación, con máis de 5.400 estudantes e recén titulados universitarios interesados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2016.