Ir o contido principal

Estudantes de bacharelato mostran os seus coñecementos sobre Física na USC

Laura Naveiras e Sara Mera realizaron experimentos de Física ante o xurado universitario
Laura Naveiras e Sara Mera realizaron experimentos de Física ante o xurado universitario
Realizaron experimentos na entrega de premios do II Certame de Iniciación á Investigación Científica neste eido

Cinco alumnos de bacharelato recibiron este venres na Facultade de Física os premios do II Certame de Iniciación á Investigación Científica neste eido. No acto, Laura Naveiras e Sara Mera, do instituto Agra do Orzán e galardoadas na modalidade ao mellor traballo de investigación, mostraron os seus coñecementos realizando experimentos ante o profesorado universitario.
Na sección de narrativa científica para menores de dezaoito anos gañou Tabaré Santellán, do Instituto de Educación Secundaria de Ames. Acadou o accésit Marta Pego, alumna do centro de Ribeira. Pola súa banda, na convocatoria destinada a maiores de idade conseguiu o galardón Benito Feijoo do Instituto Almirante Salvador Moreno.
O certameO certame, que busca fomentar o interese pola materia entre o estudantado de Educación Secundaria, organizouno a Facultade de Física en colaboración coa Xunta de Galicia con motivo das actividades da Semana da Ciencia.
O xurado, presidido pola decana Ángeles López Aguera, está constituído por docentes de cada un dos departamentos da Facultade de Física que representen as distintas áreas da disciplina. O premio consistiu en 500 euros e 200 para o accésit.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2008.