Ir o contido principal

Estudantes do CEIP Pio XII achéganse á ciencia na USC

Este venres experimentarán coa química no CIQUS

Co obxecto de achegar a ciencia aos máis pequenos, a ANPA do CEIP PIO XII comezou este ano a celebrar en colaboración coa USC unha serie de minicampus para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria.

As actividades desenvólvense sempre fóra do horario escolar nas instalacións universitarias para que os cativos e cativas vaian aos lugares onde se fai ciencia intentando cubrir distintas ramas e con propostas axeitadas para esas idades.

A primeira, ‘A ciencia que ilumina. Experiencias científicas coa luz’, foi o pasado 8 de abril na Facultade de Óptica da man do grupo de divulgadores USCOSA e nela participaron arredor de sesenta nenas e nenos de entre 10 e 12 anos.

A segunda actividade terá lugar este venres 10 no CIQUS da USC a partir das 16.00 horas. Na xornada ‘A maxia da química’ experimentarán diversas fórmulas químicas e coñecerán qué se pode facer con elas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2016.