Ir o contido principal

Estudantes da Coruña, Vigo e Pontevedra gañan a fase galega da Olimpíada Matemática Española

Foto de grupo do alumnado participante na fase galega da Olimpíada Foto: OMG
Foto de grupo do alumnado participante na fase galega da Olimpíada Foto: OMG

Os alumnos Gonzalo Cao Labora, do IES Eusebio da Guarda da Coruña; Raúl Alonso Rodríguez, do IES Carlos Casares de Vigo; e Miguel Cidrás Senra, do IES Valle Inclán de Pontevedra fixéronse cos primeiros postos da Fase Galega da L Olimpíada Matemática Española que tivo lugar o pasado 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da USC. Estes tres estudantes forman o equipo que a finais de marzo en Requena (Valencia) representará a Galicia na fase nacional, na que se seleccionarán as seis persoas que acudirán en xullo a Cidade do Cabo (Sudáfrica) para participar no nome de España na 55th International Mathematical Olympiad.

Ademais dos tres gañadores, na Olimpíada Galega concedéronselles mencións de honra a Boris Carballa, do CPR Don Bosco de Vigo; Pablo Cebral, do CPR Santa María del Mar da Coruña; Alejandro Doval, do IES Otero Pedrayo de Ourense; Martiño Loureiro, do IES Rafael Dieste da Coruña; Laura Ordóñez, do IES de Mugardos; Roque Pallares, do IES de Rodeira de Cangas; e a Miguel Soler, do IES de Chapela de Redondela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2014.