Ir o contido principal

Estudantes de Galicia e Alacante impóñense na segunda edición do campionato de modelado 3D con teléfono móbil da USC

Premios da D3Mobile Metrology League
Premios da D3Mobile Metrology League
O equipo Tecnosang 4.2, do IES A Sangriña, da Guarda, gaña a D3Mobile Metrology League por diante de Da Vinci, de Alacante. PARD3, de Guitiriz, gaña a fase provincial

O equipo Tecnosang 4.2, do IES A Sangriña, do concello pontevedrés de A Guarda, gañou a segunda edición da D3Mobile Metrology League, un campionato de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela Uscan3D en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Neste torneo, pioneiro a nivel mundial, tomaron parte 200 equipos formados por estudantes de ESO e Bacharelato de 142 centros educativos de todo o mundo.

Logo de avaliar a calidade de medida e visual dos modelos 3D elaborados nos distintos exercicios puntuables, o xurado acordou proclamar vencedores do torneo aos compoñentes do equipo Tecnosang 4.2, integrado por Irene Rodríguez Rodríguez, Alejandro González Martínez e Jorge Piedra Dorado, e coordinados polo profesor Antonio Lomba Baz. Deste xeito, o IES A Sangriña da Guarda revalida o título logrado na primeira edición deste certame, aínda que cun equipo renovado. O equipo Da Vinci, do I.E.S. Leonardo Da Vinci, de Alacante, formado por los alumnos Verónica Torres Santonja, Óscar Lozano Adán, Juan Antonio Sarmiento Martínez e Gloria Maestre Hortal, coordinados pola profesora Yolanda Hortal Barturen, rematou na segunda praza da clasificación final e, como equipo debutante mellor clasificado, recibirá o premio D3Mobile do Centro Español de Metroloxía. Asemade, o galardón ao mellor equipo participante de Latinoamérica recaeu nos mexicanos Jitomates, un grupo formado por dous estudantes da American School Foundation of Guadalajara, de Jalisco, e coordinado polo profesor Yunbum Kim. Premios Galicia e Lugo O Colexio Apóstolo Santiago, de Vigo, representado por diversos equipos integrados polos alumnos Adrián Alonso Núñez, Giulia Vitulli Quinzán, Abel Villanueva Rey, Francisco Javier Gil Sotelo, Ignacio Anibarro García-Baquer, Sara Simón Collazo, Paula González Luca de Tena, Santiago Domínguez Blanco, Hugo González Aranda, Iago Castro Guzmán, Miguel Duarte Bolado, David Segura Fidalgo, Miguel Conde Gallastegui, Miguel Álvarez Adán y Bernabé Núñez Estévez, que traballaron baixo a coordinación da profesora Isabel Mª Carrillo Paz, foi o centro mellor clasificado nesta segunda edición da D3 Mobile Metroloy League e recibirá como agasallo a raqueta cedida polo tenista Rafael Nadal. O equipo galego mellor clasificado neste campionato escolar foi o D3MEAÑO4º, do I.E.S. de Meaño (Pontevedra), formado por Alexander Góndar Dopazo, Carlos Eduardo Díaz Tineo y David Martínez Valenzuela, e coordinado polo profesor César Fernández Riádigos. No que atinxe aos equipos da provincia de Lugo que tomaron parte nesta segunda edición do campiaonto D3Mobile Metrology League, o mellor clasificado volveu ser por segundo ano consecutivo o formado por estudantes do I.E.S. Poeta Díaz Dastro de Guitiriz. Este centro, que nesta ocasión participou co equipo PARD3, formado por Francisco Javier Manuel García, Javier Prieto García y Javier Gómez Ares, e coordinado polo profesor José Engroba García, recibirá o premio outorgado pola Deputación Provincial de Lugo. Entrega de galardóns A segunda edición da D3 Mobile Metrology League, un certame dirixido a escolares de segundaria promovido polo grupo de investigación USCAN3D da USC, en colaboración coa Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Geográfico Nacional (IGN-CNIG), e patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Fundación Vodafone España, chegará á súa clausura o vindeiro 26 de xuño coa xornada de entrega de premios a os equipos galardoados. A cerimonia de entrega de distincións e agasallos terá lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo a partir das 12.00 horas. Algúns dos premios deste certame escolar de estimulación de espírito científico, tales como a raqueta de tenis cedida por Rafa Nadal ou as gorras asinadas polo piloto de motos Maverick Viñales, permanecen expostos desde no escaparate da librería La Voz de la Verdad, de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2014.