Ir o contido principal

Estudantes da Universidade de Maiores de Estremadura asisten este xoves en Lugo a un encontro con alumnos do IV Ciclo da USC

Unha delegación de preto de medio centenar de alumnos da Universidade de Maiores de Estremadura visitan este xoves a sede universitaria luguesa no marco dun intercambio con estudantes do programa de IV Ciclo USC, no que tamén participará estudantado sénior da institución académica compostelá.

A estadía da delegación estremeña na capital luguesa comezará ás 11.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, cunha recepción institucional a cargo do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, un acto no que tamén se prevé a presenza dun representante político do Concello de Lugo.

Unha visita guiada á Domus do Mitreo, a cargo do arqueólogo Celso R. Cao, seguido douto percorrido pola catedral de Lugo, conducido pola conservadora do museo diocesano de Lugo, Carolina Casal Chico, servirán de preludio ao almorzo de confraternidade que compartirán logo a delegación sénior estremeña con estudantes e profesores do IV Ciclo da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2017.