Tres estudantes da USC conseguen a bolsa de La Caixa para estudar no estranxeiro
A Fundación La Caixa entregou este venres en Barcelona as bolsas que, cunha dotación global de 7,8 millóns de euros, permitirán a 120 universitarios estudar no estranxeiro. Entre eles figuran os estudantes da USC Miguel Caínzos Achirica, de Medicina, Diego Fernández Fernández, de Xornalismo, e Silvia Fraga Domínguez, de Psicoloxía. As bolsas da trixésimo terceira edición entregáronse nun acto que presidiron os reis de España e ao que pola USC acudiu o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira.