O estudo xenético dunha familia con ataxia, nova charla do ciclo de xenética médica
A doutora do CHUS e membro da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica María Jesús Sobrido impartirá este venres, día 16, unha charla no ciclo de xenética médica que se celebra semanalmente no hospital compostelán.
Na intervención, que será ás 13:00 horas na Aula 2 do CHUS, explicará un estudo xenético dunha familia con ataxia.