Ir o contido principal

A ETSE acolleu unha xornada de busca de talentos entre os universitarios da USC

A ETSE acolleu unha xornada de busca de talentos entre os universitarios da USC
A ETSE acolleu unha xornada de busca de talentos entre os universitarios da USC

A Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC acolleu este xoves unha xornada informativa sobre o programa Talentum para titulados en carreiras técnicas e económicas da Universidade de Santiago. O vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García, asistiu á presentación e animou aos estudantes a participar no programa.

Responsables do programa, que se desenvolve a nivel nacional, desprazáronse ata Santiago para presentar o programa e realizar as probas de acceso entre os interesados. O programa selecciona universitarios emprendedores de titulacións tecnolóxicas de toda España aos que apoia no desenvolvemento do seu propio proxecto a través da formación, dotación económica, ferramentas informáticas, entre outros recursos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2014.