Ir o contido principal

Éxito de participación e de público na XII edición do Quantum Music Festival

O grupo Alén de Ancos nun momento da súa participación na XII edición do Quantum Music Festival
O grupo Alén de Ancos nun momento da súa participación na XII edición do Quantum Music Festival

Un total de doce grupos universitarios actuaron este ano na XII edición do Quantum Music Festival (QMF) que organizan os estudantes da Facultade de Física. O concerto, que se celebrou no Campus Sur, tivo éxito de público e de participación grazas ao bo tempo, contando incluso con formacións de fóra da USC.
O festival comezou coa actuación de El auténtico Bernoulli e clausurouse de madrugada con Sally y los aracnofóbicos. Moitos dos grupos, como Baldosa Amarilla ou Armónicos Esféricos, son xa vellos coñecidos do certame, mentres que outros se crean expresamente para o festival. Así, no QMF é habitual ver formacións novas con moito nivel que están comezando e queren promocionarse, todos eles abarcando diversos estilos, dende o folk ao rock pasando por cantautores ou hip-hop.
No XII QMF actuaron, ademais do xa citados, A pedir de interferómetro, Mar de Dirac, Alén de Ancos, Su2, Forajidos de leyenda, Headlong, Stratosfear e For Laboratory Use Only.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2008.