Éxito de participación no XXII Campionato Galego de Deportes Colectivos celebrado no campus de Lugo da USC

A vixésima segunda edición do Campionato Galego de Deportes Colectivos, un torneo interuniversitario de carácter autonómico no que toman parte estudantes das tres universidades galegas, congregou esta semana na capital luguesa arredor de 500 estudantes da USC, UDC e UVigo, que, distribuídos en equipos femininos e masculinos, competiron entre si en seis disciplinas deportivas diferentes (baloncesto, balonmán, fútbol 7 feminino, fútbol masculino, fútbol sala, voleibol e rugby).
A competición, organizada desde o Servizo de Deportes da USC, transcorreu con absoluta normalidade e sen incidentes. Os técnicos do Servizo de Deportes da USC, coordinado por Miguel Magán, velaron polo correcto desenvolvemento das competicións, xuntos cos técnicos das universidades de Vigo e da Coruña. A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o adxunto á citada vicerreitoría para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, tamén acompañaron aos participantes neste torneo, cuxos resultados están accesibles na web da USC.
