Ir o contido principal

Éxito de satisfacción na xornada teórica e práctica de iniciación á autodefensa da Fundación USC Deportiva en Lugo

Participantes na xornada de iniciación á autodefensa promovida pola Fundación USC Deportiva en Lugo
Participantes na xornada de iniciación á autodefensa promovida pola Fundación USC Deportiva en Lugo

A xornada teórica e práctica de iniciación á autodefensa que vén de celebrar a Fundación USC Deportiva en Lugo e na que tomaron parte dez persoas rematou cun total de éxito de satisfacción por parte dos participantes, que cualificaron este actividades cunha puntuación de 9,9 sobre 10, ao tempo que tamén destacaron como moi positivo o labor docente dos irmáns Óscar e Sergio Lafuente López, que impartiron esta xornada.

O xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, participou na clausura desta xornada, promovida en colaboración co Servizo de Deportes da USC, así como co Concello e a Deputación de Lugo. As distintas actividades programadas desenvolvéronse nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes e na sala de ioga da piscina municipal das Pedreiras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2016.