O experto en estres Lennart Levi, no ciclo de conferencias do Centro de Estudos Avanzados
O Centro de Estudos Avanzados (CEA), en colaboración coa asociación MEIGA e o comité organizador do Congreso CIMQ’16, inclúe na súa programación a conferencia do experto en estres Lennart Levi, titulada ‘Psychosocial factors and health in the context of a crisis’. A sesión celebraras este luns 14 a partir das 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina.
Lennart Levi é presidente da International Stress Management Association e profesor emérito de Medicina Psicosocial do Instituto Karolinsa, no que foi fundador e director da División de Investigación de Estres. Na súa traxectoria investigadores e científica colaboración amplamente con institucións internacionais como a OMS ou a Comisión Europea ademais de participar na fundación do Instituto Nacional Sueco de Medicina Psicosocial, actualmente vinculado á Universidade de Estocolmo.