Ir o contido principal

O experto Juan Hernández Armenteros explicou no CEA os cambios no financiamento das universidades públicas españolas como resultado da crise económica

O experto en financiamento universitario Juan Hernández Armenteros interveu este venres no Foro de Debates do Centro do Estudos Avanzados (CEA) sobre os cambios no financiamento das universidades públicas españolas como resultado da crise económica. A sesión contou coa presenza do catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López Díaz e do director do centro, Fernando Cabo.

Juan Hernández Armenteros é profesor de Economía Aplicada na Universidade de Jaén e foi responsable do informe da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) ‘Información académica, produtiva e financeira das universidades públicas españolas: a Universidade Española en cifras’. Entre 2008 e 2010 foi asesor técnico da Comisión Mixta de Financiamento do Sistema Universitario Español e pertence ao grupo de investigadores Studia XXI da Fundación Europea Sociedad y Educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2015.