Ir o contido principal

Expertos de humanidades e ciencias sociais posicionan a editorial universitaria da USC en lugar destacado

Das 512 editoriais españolas e estranxeiras, públicas e privadas, en humanidades e ciencias sociais valoradas por docentes e investigadores para o ránking que bianualmente elabora un grupo do CSIC, a da Universidade de Santiago ocupa o posto 129 (no anterior, de 2012, figuraba no 195). Na listaxe presentada polo grupo de investigación do CSIC sobre o Libro Académico só figuran 49 universidades españolas e entre elas a USC volve estar na primeira metade da táboa, no posto 18, xusto despois das Universidades Autónomas de Barcelona e Madrid e das de Valencia e La Laguna.

O ránking SPI (Scholarly Publishers Indicators. Books in Humanities and Social Sciences) baséase na opinión de expertos españois en humanidades e ciencias sociais para avaliar editoriais estranxeiras e españolas de maneira xeral e por disciplinas. Precisamente, o Servizo de Publicacións da USC aparece entre os mellores valorados en catro ámbitos: Educación, Dereito, Historia e Lingüística, literatura e filoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2014.