Expertos internacionais avalían os últimos avances no desenvolvemento das bases moleculares da nanotecnoloxía
Os profesores da USC Enrique Guitián, Dolores Pérez Meirás, Agustín Cobas, Diego Peña xunto con Berta Gómez-Lor, do CSIC-Madrid, compoñen o comité organizador do International Workshop on Molecular Materials (IWMM), que dende este luns 3 e ata o mércores 5 se celebra na localidade pontevedresa de Sanxenxo.
Organizado pola Rede de Ciencias e Materiais Moleculares da Real Sociedad Española de Química, neste encontro internacional se están a discutir os avances máis recentes no campo da electrónica molecular, o desenvolvemento de células solares e LEDs, o deseño de novos cristais líquidos e, en xeral, o desenvolvemento das bases moleculares da nanotecnoloxía.
As conferencias plenarias do IWMM impartiranas 13 destacados investigadores, expertos mundiais nos distintos campos. Cabe salientar a participación dos profesores Tobin J. Marks, premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica no ano 2008, e Michael Gräztel, creador das células solares que levan o seu nome e un dos dez químicos máis citados do mundo. O profesor Marks foi o encargado da primeira das intervencións este mesmo luns 3.