Ir o contido principal

Expertos universitarios de toda España e profesionais debaten arredor da mediación con menores

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

‘Mediación con menores: escolar, familiar,...’ reunirá entre os días 19 e 22 de xullo a expertos universitarios de toda España así como a profesionais nun curso de verán que organiza a profesora Raquel Castillejo e que se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Dereito da USC, recoñecido como formación permanente do profesorado non universitario pola Consellaría de Educación. O programa deseñada permitirá ás persoas asistentes un achegamento a cuestións como as microtécnicas de mediación, os procesos de xestión de conflitos no ámbito familiar, a mediación en educación, a mediación penal en menores ou a adaptación e aplicación de programas de resolución de conflitos no ámbito escolar. Tamén prestará atención á xustiza restaurativa no sistema penal ou á prevención como estratexia, entre outros asuntos. Ademais das intervencións e relatorios teóricos, o curso inclúe tres obradoiros sobre resolución de conflitos, prevención da violencia de xénero e a prevención do alcolismo, da drogadicción ou do bullying. Para ampliar a información relativa ao programa, as persoas interesadas poden visitar a web http://www.usc.es/cultura/uveran07_11.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2011.