Ir o contido principal

Expertos da USC colaboran coa Universidade peruana de San Luis Gonzaga de Ica na reforma dos seus planos de estudo

De esquerda a dereita, os reitores Juan Viaño e Alejandro Encinas e o vicerreitor de Internacionalización da USC, Alberto Salgado (Foto: SERVIMAV)
De esquerda a dereita, os reitores Juan Viaño e Alejandro Encinas e o vicerreitor de Internacionalización da USC, Alberto Salgado (Foto: SERVIMAV)

Os docentes das USC Miguel Zabalza Beraza, Celso Rodríguez Fernández e Juan Gestal Otero son os responsables dun proxecto de colaboración a través do cal asesoran a universidade peruana na reforma dos seus planos de estudo e a acreditación das titulacións. Este martes, o reitor da Universidade Nacional San Luis Gonzaga de Ica de Perú, Alejandro Encinas Fernández, e a profesora Asela Saravia Alviar, visitaron o reitor compostelán, Juan Viaño, para explicarlle os avances neste proxecto.

O proxecto de reformulación curricular e formación de profesorado na Universidade Nacional de Ica comezou en 2013 co apoio de especialistas da USC e doutras universidades do Estado baixo a coordinación da institución académica compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2015.