Ir o contido principal

Explican no ILG as reorganizacións do cadro pronominal na historia do portugués

Explican no ILG as reorganizacións do cadro pronominal na historia do portugués
Explican no ILG as reorganizacións do cadro pronominal na historia do portugués

Na historia do portugués, a inserción da nova forma gramaticalizada você (proveniente do tratamento nominal Vossa Mercê) como pronome de segunda persoa do singular, na posición de suxeito (nominativo), levou unha serie de reorganizacións no que se refire ao restante do cadro pronominal (formas acusativas, dativas, oblicuas e xenitivas).

A implantación das formas do paradigma de você, que pasan a coexistir e disputar espazo coas formas orixinais de segunda persoa de tu, non se deu, no entanto, da mesma forma nin na mesma velocidade.

Sobre esta cuestión está investigando no Instituto da Lingua Galega Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade Federal de Rio de Janeiro, que hai uns días explicou o seu traballo nun seminario titulado ‘Reorganizações do quadro pronominal na história do português’

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2016.