Ir o contido principal

Exploran nun curso de verán en Porto do Son cómo mellorar as relacións familiares

Exploran nun curso de verán en Porto do Son cómo mellorar as relacións familiares
Exploran nun curso de verán en Porto do Son cómo mellorar as relacións familiares

‘ Psicoloxía e Educación: como mellorar as relacións familiares’ é o título do curso de verán que entre os días 13 e 15 de xullo se desenvolverá na Casa da Cultura de Porto do Son organizado pola profesora Carmen del Río Nieto. O prazo de inscrición neste curso remata o 1 de xullo.

No primeiro día do encontro participarán a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, cun relatorio no que explicará cómo está integrada a psicoloxía no Servizo Galego de Saúde, e a psicóloga do Concello de Porto do Son, Crsitina Fontaina, que contará experiencias en intervención psicosocial desde os municipios.

Na sesión da tarde dese día comezará un espazo dedicado a casos prácticos de menores en conflito, que inaugurará o psicólogo da Fiscalía de Menores da Comunidade de Madrid, Javier Urra, coa charla ‘O pequeno ditador. Cando os pais son as vítimas’ e continuará a investigadora da Universidade de Granada Teresa Ramiro falando de adolescencia e sexualidade.

A mesma Ramiro continuará na mañá do día 14, para dar logo paso a outra charla sobre avaliación e intervención en déficit de autoestima con adolescentes a cargo da profesora Mª Paz Bermúdez, tamén de Granada. A xornada dese día rematará co presidente da Asociación Española de Psicoloxía Condutual, Gualberto Buela Casal, que falará da intervención psicosocial en conduta antisocial con adolescentes.

Cómo axudar aos adolescentes e país e nais que se senten perdidos, o programa Vincúlache e diversas claves para axudar a nenos e mozos a superar un trauma complexo serán as tres temáticas a tratar na última sesión, na que participarán a directora Centro de Psicoloxía Álava-Reyes de Madrid, Mª Jesús Álava Reyes, e o director da Escola Nacional de Formación Academia SOS. José Manuel Morell.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2016.