Ir o contido principal

A expo 'Santiago, 1909' supera as 5.000 visitas

Aínda se pode visitar no Colexio de Fonseca ata o 18 de outubro

A mostra fotográfica “Santiago, 1909” que conmemora o centenario da primeira gran Expo galega de todos os tempos –a denominada “Exposición Rexional Galega de 1909”– superou, no ecuador da súa montaxe, as 5.000 visitas, cunha media de 258 persoas ao día.
A exposición, que reúne 44 fotografías daquel histórico evento, inaugurouse o 10 de setembro no Colexio de Fonseca e permanecerá aberta ata o 18 de outubro. Divídese en tres apartados, “Os pavillóns”, “A sección arqueolóxica” e “Xentes & actos”, onde se mostran, rescatadas do esquecemento, as imaxes máis espectaculales daquel certame.
O centenario da Expo de 1909 comezou en xullo coa publicación do volume Santiago, 1909 co-editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, que reúne máis de setenta imaxes e ilustracións daquela cita. Dous meses despois inaugurouse esta mostra homónima que, patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración coa Universidade de Santiago, se desenvolve estes días montada nas tres salas do Colexio de Fonseca e producida e comisariada por Alvarellos Editora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2009.