A exposición ‘Con A de Astrónomas’ chega a Lugo a través da USC
A exposición ‘Con A De Astrónomas’, que se inaugura este mércores 15 na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria fai un percorrido polos principais fitos da astrofísica dende o punto de vista da importancia que nesta ciencia tiveron as mulleres ao longo da historia. O acto de apertura desta mostra, promovida dende a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade a través da oficina de cultura do Campus de Lugo, terá lugar ás 11:00 horas coa participación do vicerreitor Javier Garbayo Montabes e Patricia Fernández de Trocóniz Revuelta, vicedecana de Estudantes e Mobilidade da Facultade de Veterinaria. Nela tamén estará presente a comisaria da exposición, a investigadora da USC, Josefina Ling, que xunto coa astrónoma Eulalia Pérez Sedeño foron as encargadas de seleccionar os contidos dos paneis que conforman unha exposición dedicada a conceptos astronómicos, contextualización, vinculación de astronomía e cultura e homenaxe a ás mulleres dedicadas nalgún momento histórico a esta ciencia en España.