A exposición lucense 'Teatro baixo a area' trasládase a Ciencias e a mostra do maratón fotográfico á EPS
A Vicerreitoría de Cultura trasladou á Facultade de Ciencias do Campus de Lugo a exposición ‘Teatro baixo a area’, enmarcada dentro do Convenio Lugo Cultural. Esta mostra recolle a última montaxe do Taller de arte dramática da USC e o primeiro traballo da Compañía de Teatro da USC-Lugo, ‘O Público’, de Federico García Lorca. Trátase dunha reportaxe fotográfica realizada por Mario García Herradón, que pode visitarse neste centro ata o 8 de febreiro, en horario de 9:00 a 21:00 horas.
Por outra banda, a mostra do XIII Maratón fotográfico do campus, tamén do Convenio Lugo Cultural, pode visitarse agora, e ata o 8 de febreiro, na Escola Politécnica Superior, no mesmo horario que a anterior.