Ir o contido principal

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza unha viaxe en xullo a Zaragoza para visitar a Expo 2008 e á planta loxística de Inditex

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, a través da súa Comisión de Actividades Complementarias á Docencia, organiza do 10 ao 13 de xullo unha viaxe a Zaragoza para visitar a planta loxística de Inditex e a Expo 2008.
Esta viaxe está aberta a todos os estudantes da USC que deberán dirixirse ao Decanato do centro para solicitar toda a información que necesiten así como para reservar praza. O percorrido terá un custe de 200 euros incluíndo o desprazamento en autobús e o aloxamento de tres noites en habitacións dobres con almorzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2008.