A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, galardoada nos Premios Galicia Segura
O Premio Galicia Segura, promovido por Inade-Instituto Atlántico del Seguro, recaeu na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na súa modalidade ‘Colaborador da Actividade Aseguradora’. A cerimonia oficial de entrega celebrarase o 14 de maio en Santiago de Compostela coincidindo coa celebración do Día Mundial do Seguro e coa conmemoración do cen aniversario da promulgación da primeira lei de ordenación do seguro español.
A finalidade destes premios é potenciar os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas e profesionais vinculados á actividade da xerencia de riscos e o seguro.
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago resultou premiada xunto a UNESPA, na modalidade de organismos e institucións; Allianz, na de entidade aseguradora; José Ramón Mascareñas Fuentes, como axente de seguros; García Bermello, en calidade de corredoría de seguros; e Informes Técnicos EM, na modalidade de peritos.