Ir o contido principal

A Facultade de Ciencias da Educación celebrou no Colexio de Fonseca o seu patrón

Lois Ferradás e José Gimeno, os dous primeiros pola esquerda, con profesores da Facultade de Ciencias da Educación
Lois Ferradás e José Gimeno, os dous primeiros pola esquerda, con profesores da Facultade de Ciencias da Educación
Durante o acto, o catedrático da Universidade de Valencia José Gimeno falou sobre sociedade da información e diverxencia europea

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidiu este venres o acto académico de celebración da festividade de Frei Martín Sarmiento, patrón da Facultade de Ciencias da Educación. Na reunión tamén participou o decano do centro, Lois Ferradás.
No transcurso do evento, o catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Valencia, José Gimeno Sacristán, pronunciou a conferencia ‘A sociedade da información e a diverxencia europea’.
Ademais, entregáronse o premio á calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos xunto cos extraordinarios de Diplomatura, Licenciatura e Doutoramento. O acto, que contou con varias intervencións do coro universitario, rematou co discurso do reitor compostelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2008.