Ir o contido principal

A Facultade de Ciencias de Lugo entrega os diplomas da primeira edición do seu máster en Enxeñería Industrial

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo celebra o venres 29, a partir das 19.00 horas, o acto de entrega de diplomas aos alumnos da primeira promoción (2010-2012) do máster en Enxeñería Industrial que se imparte no centro. A cerimonia estará presidida polo vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do Campus de Lugo, Pablo Ramil, que estará acompañado polo concelleiro de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Francisco Fraga; a delegada de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo, Sonsoles López Izquierdo; e o decano da Facultade de Ciencias, Manuel Martínez Ageitos. No acto participan tamén Alejandro Pacheco, en representación do alumnado, así como o padriño da promoción, o enxeñeiro industrial e profesor da USC Javier Telmo Miranda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2012.