Ir o contido principal

A Facultade de Veterinaria acolle a mostra dos carteis presentados ao concurso da Semana de Cine de Autor

De esquerda a dereita: Eduardo Ochoa, Celia Besteiro, Xulio Xiz e Ramón Curiel
De esquerda a dereita: Eduardo Ochoa, Celia Besteiro, Xulio Xiz e Ramón Curiel

A Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolle unha mostra organizada pola Vicerreitoría de Cultural e na que se poden contemplar os 144 carteis presentados para o concurso da XXIX edición da Semana de Cine de Autor da cidade.
Ao acto de inauguración, celebrado este xoves, asistiron a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro; o presidente do grupo Fonmiñá, Xulio Xiz; o director da Semana de Cine, Ramón Curiel, e o tamén membro de Fonmiñá, Eduardo Ochoa.
Na montaxe da exposición tomouse como fío conductor unha grande alfombra vermella que serve de guía pola mostra e que nos dirixe ata o cartel gañador. Na parte central da sala atópase unha selección de 30 traballos que foron preseleccionados polos membros do xurado conformado polas diferentes institucións que participan na Semana de Cine de Autor. Para participar no concurso de carteis recibíronse traballos de artistas de toda España, que agora se poden visitar nesta sala ata o vindeiro 31 de outubro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2007.