Ir o contido principal

A Facultade de Veterinaria acolle as Xornadas Nacionais da Carne e Seguridade Alimentaria

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, participou esta mañá no acto inaugural das Xornadas Nacionais da Carne e Seguridade Alimentaria que se celebran na Facultade de Veterinaria. O encontro, que chega este ano á súa vixésima edición, prolongarase ata o venres, día 15, na cidade de Lugo e centrarase en aspectos relacionados coa produción e comercialización cárnica e as medidas e normativas sanitarias vinculadas a esta actividade.

A decana da Facultade de Veterinaria, Ana María Bravo del Moral, e o catedrático de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC, Alberto Cepeda, forman parte do comité científico das Xornadas, nas que participarán numerosos expertos de diversas entidades a nivel español e europeo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2010.