Ir o contido principal

A Facultade de Veterinaria acollerá un curso de traumatoloxía en pequenos animais

O vindeiro día 13 péchase o prazo de inscrición para o Curso IVSA de Traumatoloxía en Pequenos Animais que se impartirá entre do 17 ao 19 de decembro na Facultade de Veterinaria.

O encontro está dirixido a estudantes e profesionais veterinarios e nel analizaranse cuestións como a osteoartrite e diversas solucións e técnicas en traumatoloxía animal como a artroscopia. Tamén se impartirán coñecementos sobre o tratamento de fracturas concretas analizadas a través de casos clínicos. Tamén se falará sobre distintos tratamentos cirúrxicos e opcións terapéuticas e nocións para o coñecemento dos materiais utilizados nas intervencións. O curso está organizado polo departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias, a International Veterinary Students Association (IVSA) e o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2010.