Farmacia celebra este sábado o seu acto de graduación
O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolle este sábado 11 ás 18.00 horas o acto de graduación das última promoción do grao en Farmacia, que presidirá o reitor Juan Viaño.
Ao acto asistirán a decana e a vicedecana da Facultade, Isabel Sández e Paz García, respectivamente; os presidentes dos colexios oficiais de Farmacia de Ourense e A Coruña, Vicente Jairo Álvarez e Héctor castro; o vicepresidente do de Pontevedra, Ignacio Sánchez; e o vogal da xunta de goberno do de Lugo, Manuel Barreira.