Ir o contido principal

Farmacia celebra este sábado o seu acto de licenciatura

A promoción 2009-2014 de Farmacia da Universidade de Santiago celebra este sábado 31 ás 18.00 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, o seu acto de graduación, que presidirá o reitor Juan Casares e ao que tamén asistirán os representantes dos Colexios Oficiais de Farmacia das catro provincias galegas. Intervirán a decana da Facultade, Isabel Sández Macho, o presidente do Colexio Oficial de Farmacia da Coruña, Héctor Castro (en nome dos catro galegos), para dar paso aos padriños e aos representantes dos alumnos. O acto tamén servirá para realizar a entregva dos Diplomas de premios extraordinarios da licenciatura que ibncluirá o tradicional xuramento hipocrático.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2014.