Ir o contido principal

Fauré, Chaminade e Debussy soarán este martes no Paraninfo da Universidade

Fauré, Chaminade e Debussy soarán este martes no Paraninfo da Universidade
Fauré, Chaminade e Debussy soarán este martes no Paraninfo da Universidade

O Paraninfo da Universidade acollerá este martes 31 un novo concerto, nesta ocasión da man da pianista Elisa Martín, a violinista Ildikó Oltai e o violoncelista Millán Abeledo, que interpretarán un programa con obras de Gabriel Fauré, Cécile Chaminade e Claude Debussy. O recital será ás 20.30 horas con entrada libre.

O s intérpretes
A madrileña Elisa Martín estudou no Conservatorio Superior de Música de Aragón co profesor Iván Cítera, finalizando en 2013 con Miguel Ángel Ortega Chavaldas coas más altas cualificacións. Neses anos recibiu regularmente clases da profesora Nino Kereselizde e outras maxistrais de mestres como Josep Colom, Imre Rohmann, David Kuyken, Andras Kemenes, Frank Wibaut, Marta Gulyás, Ralf Nattkemper, Alexander Kandelaki, Begoña Uriarte, Ángel Sanzo, Claudio Martínez-Mehner, Eldar Nebolsin e Rita Wagner. Foi premiada nos concursos Hazen Intercentros e Jacinto Guerrero e na actualidade compaxina a súa formación pianística e a súa actividade artística coa pedagoxía.

Nada en Budapest (Hungría), Ildikó Oltai realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Franz Liszt da súa cidade natal. Graduouse en 1995 como Profesora de Teoría da Música e Directora do Coro, e en 1996 obtivo o título superior de violinista e profesora de violín. Traballou na Orquestra de Cámara Erkel Ferenc de Budapest como axudante de concertino, no Cuarteto de Corda “László Lajtha”, na Orquestra Sinfónica de Franz Liszt de Budapest e na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi. Ademais co Cuarteto de Corda “Lászlo Lajtha” e coa Orquestra de Cámara Ferenc Erkel, realizou varias gravacións coa compañía Naxos. Desde 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia e desde 2001 profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais.

Pola súa banda o silledense Millán Abeledo Malheiro comezou os seus estudos de violonchello con Tatiana Cucerenco e Vera Kolar para continuar os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza) con Ángel Luis Quintana e Bárbara Switalska, con Natalia Shakhovskaya na Escola Superior de Música Reina Sofía e con Troels Svane na Musikhochschule Lübeck( Alemaña). Ao longo da súa carreira gañou o Concurso Nacional de Violoncello (Carcaixent), o primeiro premio da Fundación Veo Veo e o Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal). Fundador de Bambú Ensemble e Dúo Gamma, foi membro da JONDE. Desde 2014 forma parte do persoal da Real Filharmonía de Galicia e imparte clases na Escola de música Berenguela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2016.