O Festival Internacional de Teatro Universitario bota o pano este domingo en Compostela
As persoas que se acheguen este sábado 17 ao Festival Internacional de Teatro Universitario en Compostela poderán gozar dunha nova representación de ‘Romeo e Xulieta’ de William Shakespeare, a cargo de In vitro teatro (Universidade de Xaén).
O Festival botará definitivamente o paso á edición deste ano o domingo 18 cunha proposta chegada dende Portugal, de Teatro Universitário do Minho, que escenificará ‘O jornalista da vosa beleza’, de Joao Negreiros.
Ambas as dúas representación celébranse no Salón Teatro, a partir das 21:00 horas, con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que permanecerá aberto ao público dende as 18:30 horas.
LugoNo campus de Lugo, a Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza subirá ás táboas ‘O porvir está nos ovos’ de Eugène Ionesco, mentres que o domingo chega a quenda da Companhía do Jogo, da Universidade de Oporto, que porá en escena ‘Jorge!’ de Anthony West.
O festival internacional continuará o luns coa representación de ‘As cuñadas’ a cargo da Aula de Teatro da USC.
Todas as citas serán ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que estará aberto ao público dende as 20:00 horas. Ademais, os interesados en asistir ás representacións contarán con autobuses que sairán ás 20:15 horas da Escola Universitaria de Formación do Profesorado e ás 20:30 horas da Residencia Universitaria Bal y Gay.