O Festival Internacional de Teatro Universitario levantará o pano no Salón Teatro a vindeira semana

Lituania, Portugal e España son os países que estarán representados no Festival Internacional de Teatro Universitario, unha proposta da USC que este ano alcanza a súa vixésimo terceira edición. O encontro desenvolverase entre o luns 13 e o xoves 16 con entrada gratuíta previo paso polo despacho de entradas. As catro representacións programadas celebraranse no Salón Teatro a partir das 21.00 horas. As entradas poderán retirarse dende as 19.00 horas.
Teatrubi e Asta, da Universidade de Covilhã (Portugal) abrirá o pano do festival o luns coa representación de ‘Sangue e outras substâncias’, de Rui Pires e Sérgio Novo (cun duración de 60’). Ao día seguinte, o martes 14, a Compañía de Teatro da USC porá en escena ‘Cousas que trouxo a chuvia’ de Roberto Salgueiro (48’).
A compañía Palėpė, da Vilniaus Gediminas Technical University de Lituania, representará o mércores 15 ‘Kostiumas’, peza baseada en textos de Ray Bradbury (65’). Para completar o festival, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia interpretará ‘Dramaturxia das mulleres’ de Inherente.
O programa estenderase entre o luns 13 e o xoves 16