Ir o contido principal

‘First ladies’, unha homenaxe á coraxe das mulleres vítimas de conflitos e da violencia

De esquerda a dereita, María Diaz, Dolores Álvarez e Eva Domínguez. Foto: SERVIMAV-USC
De esquerda a dereita, María Diaz, Dolores Álvarez e Eva Domínguez. Foto: SERVIMAV-USC

Extremadamente vulnerables e á vez extremadamente fortes, garantes da unidade familiar nas emerxencias. Así son as mulleres vítimas de conflitos e da violencia en todo o mundo ás que a organización médico-humanitaria Médicos Sen Fronteiras (MSF) rende homenaxe nunha mostra fotográfica que hoxe se inaugurou no Colexio de Fonseca. En ‘First Ladies’ (Primeiras Damas) tres recoñecidos fotógrafos retratan esa realidade nas localidades de Dubie e Shamwana, na provincia de Katanga (sureste da República Democrática do Congo); Venus Veldhoen en Nasir, en Sudán do Sur; e Juan Carlos Tomasi en Batangafo, Bouca, Bossangoa e Bangui, na República Centroafricana. As súas imaxes acompáñanse de testemuñas de mulleres atendidas nos proxectos de MSF nestas rexións así como de traballadoras locais da organización. Faise así o espectador unha composición da extrema vulnerabilidade da muller nas emerxencias, pero tamén da forza coa que aseguran a supervivencia das súas familias cando as armas desbaratan a sociedade. A inauguración da exposición, que se poderá visitar no claustro do Colexio de Fonseca ata o sábado 4 de outubro, contou coa participación da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; a coordinadora en Galicia de MSF, María Díaz, e a membro do MSF Eva Domínguez. A exposición poderá visitarse en Fonseca ata o 4 de outubro. Foto: SERVIMAV-USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2014.