Ir o contido principal

Fondo pesar polo pasamento de Nélida Piñón, primeira muller doutora ‘honoris causa’ da USC

De ascendencia galega, Nélida Piñón escribiu unha extensa obra
De ascendencia galega, Nélida Piñón escribiu unha extensa obra
A autora participou este mesmo ano nun encontro que se desenvolveu na Facultade de Filoloxía
Lugo, Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da escritora Nélida Piñón, primeira muller nomeada doutora honoris causa pola institución compostelá. A autora participou este mesmo ano nun encontro na USC que se desenvolveu na Facultade de Filoloxía.

De ascendencia galega, Nélida Piñón escribiu unha extensa obra na que destacan títulos como A casa da paixão (1972), O calor das coisas (1980), A República dos sonhos (1984), Doce canção de Caetana (1987), Vozes do deserto (2004) ou O livro das horas (2012). A autora foi distinguida coa Medalla Castelao, o Premio Juan Rulfo, o Premio Internacional Menéndez Pelayo e o Príncipe de Asturias das Letras, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2022.