Fondo pesar polo pasamento de Tomás Salvador Vives Antón, doutor ‘honoris causa’ pola USC

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do que fora catedrático de Dereito Penal da Universidade de Valencia, Tomás Salvador Vives Antón, investido en 2017 doutor honoris causa pola institución compostelá. Vives Antón foi proposto para esta distinción pola Facultade de Dereito coa que gardaba unha estreita relación.
Fiscal, maxistrado do contencioso-administrativo, letrado do Tribunal Constitucional, vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial e maxistrado e vicepresidente do Tribunal Constitucional son algúns dos chanzos nos que se estruturou a súa dilata traxectoria. As súas obras tiveron, e seguen a ter, un grande impacto xa que contribuíu á creación dunha xurisprudencia constitucional cinguida aos valores de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político, e a desenvolver, fortalecer e dar contido aos dereitos fundamentais.