Fondo pesar na USC polo pasamento da estudante Ana Suárez González
Cursaba o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas
A USC e particularmente a comunidade da Facultade de Ciencias da Educación manifestan o seu profundo pesar polo repentino pasamento de Ana Suárez González, graduada en Pedagoxía e actualmente estudante do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas nese centro.
A comunidade educativa da Facultade de Ciencias da Educación quere expresar as súas condolencias á familia e amizades neste momento de dor.