Fondo pesar na USC polo pasamento de Isolino Castiñeiras Vázquez

Exercía o posto de rexente da Imprenta Universitaria
A Universidade de Santiago manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de quen era o rexente da Imprenta Universitaria dende 2016, Isolino Castiñeiras Vázquez, e únese á dor da súa familia e amizades.
Isolino Castiñeiras estivo sempre ligado a tarefas da imprenta, dende a súa chegada á USC en 1990 como técnico ata o seu nomeamento en 2003 como sub rexente da Imprenta Universitaria. Dende o ano 2016 exercía xa as función de rexente, sempre -tal e como recordan quen con el compartiu as labores do servizo- “con gran dedicación e eficacia” en cada una das tarefas que desenvolveu.