Ir o contido principal

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Fausto Dopico

Catedrático dende o ano 1992, desenvolveu unha prolífica carreira investigadora nas áreas de demografía histórica e historia do pensamento económico, así como en historia agraria
Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do catedrático de Historia e Institucións Económicas, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, quen finou o pasado venres 31.

Nado en Xixón no ano 1944, de pais galegos, Fausto Dopico licenciouse en Matemáticas e Económicas, doutorándose en 1977. A súa tese, a primeira escrita e defendida en galego na USC, sería publicada ao ano seguinte baixo o título A Ilustración e a sociedade galega.

Catedrático dende o ano 1992, desenvolveu unha prolífica carreira investigadora nas áreas de demografía histórica e historia do pensamento económico, así como en historia agraria, en colaboración esta última con María Xosé Rodríguez Galdo. Colaborador de figuras como Ernest Lluch, Robert Rowland o Massimo Livi-Bacci foi director en Galicia da Universidade Menéndez Pelayo, así como da Revista Galega de Economía.  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2020.