Ir o contido principal

A Fonoteca proxecta un documental sobre Bárbara Hendricks

A Fonoteca universitaria proxecta este xoves, día 13, o documental ‘Barbara Hendricks: a portrait (Bárbara Hendricks: un retrato)’. A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na sede da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, enmárcase no ciclo Música en Imaxes.
A cinta reúne concertos, imaxes de arquivo e entrevistas sobre unha das máis fascinantes estrelas de ópera do século XX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2008.