A Fonoteca proxecta 'Fados', de Carlos Saura
A Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 29 a película ‘Fados, de Carlos Saura, nunha actividade enmarcada no ciclo semanal Música en Imaxes.
‘Fados’, que poderá verse ás 18:00 horas nas instalacións da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, foi gañadora dun Goya na edición de 2008.
A cinta ten música de Mariza, Camané, Carlos do Carmo, Chico Buarque, Caetano Veloso e Lila Downs.