Ir o contido principal

A formación por competencias centra un seminario dirixido aos docentes da USC

Un nutrido grupo de profesores da USC asiste este mércores 22 a un seminario sobre a formación por competencias enmarcado no Programa de Formación e Innovación Docente (PFID). A xornada inaugurarase ás 9:30 horas no salón de actos de Ciencias da Educación coa asistencia do vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), Máximo Pló; o decano da Facultade, Lois Ferradás; e a coordinadora do PFID, Elisa Jato.
Logo da apertura terá lugar unha conferencia da experta da Universidade Politécnica de Valencia Amparo Fernández March titulada ‘A avaliación de competencias no ensino universitario’. A sesión contempla tamén varios obradoiros, unha intervención do profesor Antonio Rial sobre os perfís profesionais da planificación docente e unhas conversas con Celso Rodríguez, Salvador Carrasco e Albertina Oliveira.
O encontro forma parte das actividades organizadas polo Seminario permanente sobre o EEES da PFID, que ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional na universidade no marco de Bolonia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2009.