Ir o contido principal

Formación do Profesorado acolle este xoves unhas xornadas de resucitación cardiopulmonar e utilización de desfibrilador

A Facultade de Formación de Profesorado do campus de Lugo acollerá este xoves, a partir das 9.00 horas, unhas xornadas de resucitación cardiopulmonar e utilización de desfibrilador, dirixidas a estudantes, docentes, investigadores e demais persoal da USC.

Esta xornadas informativas e de formación, organizadas pola USC en colaboración co persoal do Servizo 061 co gallo da celebración do Día Internacional da Parada Cardiorrespiratoria, desenvolveranse de 9.00 a 14.00 horas no salón de actos do referido centro universitario, ao tempo que tamén se desenvolverán obradoiros informativos no pavillón do IES Politécnico de Lugo. As persoas interesadas en participar nestas xornadas poden formalizar a súa inscrición de balde nesta ligazón, onde deberán cumprimentar un cuestionario. As xornadas, aínda que dirixidas á comunidade universitaria, tamén están abertas á participación da cidadanía e as persoas interesadas poden inscribirse no propio centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2014.