Ir o contido principal

O Foro Casa de Europa de investigadoras e tecnólogas analiza este xoves as claves para a igualdade

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebra este xoves, 15 de maio, unha nova sesión do seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Baixo o título ‘Claves para a igualdade’, nesta ocasión participará a presidenta do Forum Galego de Política Feminista, Paloma Rodríguez Vázquez. A intervención será ás 17:00 horas na Casa de Europa.
Paloma Rodríguez, licenciada en Psicoloxía pola USC, dedicou a súa especialización académica a políticas europeas de xénero, alternativas para igualdade e muller e sociedade. Realizou cursos sobre a muller nos ámbitos da saúde, violencia de xénero, mercado laboral ou exclusión social, e outros relacionados con cooperación e xénero. Entre 1987 e 1997 foi directora do Centro de Información dos Dereitos da Muller de A Coruña, do Instituto de la Mujer.
O SMUO SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2008.