Ir o contido principal

Un foro profundará na propiedade industrial e intelectual como motor de progreso

Cartel do evento
Cartel do evento
IP Perspectives Galicia desenvolverase en liña o 28 de abril a partir das 11.00 horas
Santiago de Compostela

A USC impulsa por segundo ano consecutivo un foro co que dar a coñecer conceptos esenciais da propiedade industrial e intelectual como motor de progreso e ferramenta imprescindible “para que as entidades innovadoras protexan a súa vantaxe competitiva e obteñan o máximo retorno do seu investimento que axude a acadar os seus obxectivos”, apuntan dende a organización.

A segunda edición do seminario IP Perspectives Galicia que se desenvolverá en liña o 28 de abril ás 11.00 horas, permitirá coñecer pautas coas que deseñar estratexias que permitan obter unha maior rendibilidade dos activos intanxibles e coas que afrontar eventos externos reducindo os riscos en materia de propiedade industrial. A xornada tamén incluirá unha historia de éxito neste ámbito. Este foro da USC organízase de xeito conxunto con ABG Propiedade Intelectual.

O seminario contará coas intervencións de André Santos, axente europeo de patentes e asesor técnico dos departamentos de Química-Materiais e Farmacia de ABG IP; Daniel Dios, responsable de Propiedade Industrial e Xestión de Innovación de Televés; Laura Montoya, asociada e responsable do Departamento de Legal e Litigación de ABG IP; María Corral, axente europea de patentes e asocidada ao departamento de Biotecnoloxía e Ciencias da Vida de ABG IP e Rubén Aguión Seoane, director xeral de XesGalicia. A asistencia é libre previo rexistro na web do evento. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2022.